Cargando resultados...
Rescatan unha vaca que quedara atrapada nun cantil en Cantabria
Só sufriu feridas leves, ademais dun bo susto

G24.gal
02/08/2022 21:35
Os servizos de emerxencia recibiron pola noite o aviso de que unha vaca caera nun cantil de Ruiloba, en Cantabria.
Así que abriu o día, mobilizaron o helicóptero para rescatar o animal de 600 quilos que estaba encaixado entre rochas nunha zona de difícil acceso. A vaca xa está a salvo e só sufriu feridas leves, ademais dun bo susto.