Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha cadela nunha mina a 14 metros de profundidade en Salvaterra de Miño

Rescatan unha cadela nunha mina a 14 metros de profundidade en Salvaterra de Miño

A cadela levaba localizador, e por iso puideron dar con ela axiña

Os bombeiros de Ponteareas recuperárona cunha corda

Bombeiros de Ponteareas
G24.gal 22/01/2024 08:58

Os Bombeiros de Ponteareas rescataron unha cadela que caera a 14 metros de profundidade nunha mina abandonada na parroquia de Meder, en Salvaterra de Miño.

O pasado domingo, a cadela, unha podenga chamada Choca, paseaba co seu dono cando se perdeu polo monte. Foi doado dar con ela, xa que a mascota leva localizador, pero non achegárselle, xa que caera nun pozo tapado pola maleza. 

Perante as dificultades para recollela, ao aviso do seu propietario acudiron a Garda Civil e os Bombeiros de Ponteareas, que primeiro tiveron que rozar a zona para despexar a boca do depósito subterráneo e despois artellaron un sistema de cordas atadas ao seu vehículo.

Un dos bombeiros descendeu ata onde se atopaba a cadela, a uns 14 metros de profundidade, e puido, por fin, rescatala sa e salva.

Bombeiros de Ponteareas Bombeiros de Ponteareas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade