Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan un mozo en Mugardos que cravou a lanza dun portal na perna

Rescatan un mozo en Mugardos que cravou a lanza dun portal na perna

O accidente sucedeu cando intentaba entrar na casa tras esquecer as chaves dentro

G24.gal 26/12/2021 17:36

O Grupo de Emerxencias Municipal de Mugardos liberou un mozo de 23 anos que cravara nunha perna parte do enreixado de ferro dun portal.

O rapaz intentaba saltar o portal para acceder á vivenda. Ao parecer esquecera as chaves da casa e intentaba a manobra para poder entrar pero quedou atrapado nunha das extremidades do peche da entrada.

O 112, unha vez recibido o aviso do accidente por parte dun familiar do mozo, activou o GES de Mugardos, que comprobou a difícil situación en que se encontraba. Ata o lugar, na avenida do Seixo, desprazáronse efectivos do 061 cunha ambulancia de soporte vital avanzado e axentes da Garda Civil.

Para liberalo precisaron cortar a base da punta da frecha que tiña chantada o ferido para lograr trasladalo en ambulancia ata o hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde quedou ingresado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar