Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan na praia de Montalvo, en Sanxenxo, dous menores que non lograban volver a terra

Rescatan na praia de Montalvo, en Sanxenxo, dous menores que non lograban volver a terra

Os rapaces de 10 e 12 anos estaban na canle entrada de embarcacións e as condicións do mar impedíanlles regresar ao areal

Tamén foi rescatado un home de 50 anos en Bascuas ao desprazarse cara ás rochas o inchable en que se atopaba

Praia de Montalvo, en Sanxenxo, coa bandeira vermella este sábado para limitar o baño
G24.gal 12/08/2023 19:11

Os servizos de emerxencias rescataron este sábado dous menores, de 10 e 12 anos, na praia de Montalvo, na localidade pontevedresa de Sanxenxo.

Tal e como informaron fontes do municipio, os nenos atopábanse á altura da canle de entrada de embarcacións e debido ás condicións do mar non eran capaces de volver a terra nadando. Por este motivo, o servizo de emerxencias do areal acordou limitar a zona de baño por precaución.  

Ademais, na praia de Bascuas, tamén en Sanxenxo, foi rescatado un home de 50 anos que se atopaba sobre un inchable e a corrente desprazouno cara ás rochas, de onde non era capaz de saír.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar