Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan dous mergulladores en Sanxenxo logo de afundirse a súa embarcación

Rescatan dous mergulladores en Sanxenxo logo de afundirse a súa embarcación

Os mergulladores foron rescatados polo servizo municipal de emerxencias cando se atopaban resgardados encima dunhas rochas e ningún deles precisou asistencia sanitaria

G24.gal 17/02/2026 12:46

Dous mergulladores do Grove tiveron que ser rescatados polos servizos de emerxencia tras afundirse o seu barco nas inmediacións da praia de Nanín, no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

O afundimento da embarcación, que se rexistrou este martes, produciuse por motivos que as autoridades aínda descoñecen.

As primeiras hipóteses apuntan a que, probablemente, o mal estado do mar levou á embarcación cara ás rochas.

Os mergulladores foron rescatados polo servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo cando se atopaban resgardados encima dunha desas rochas. Ningún deles precisou asistencia sanitaria.

No rescate, ademais de efectivos do servizo municipal de emerxencias e da Policía Local de Sanxenxo, participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade