Rescatadas tres persoas tras envorcar o seu barco no Grove
A embarcación escorou mentres cargaba mercadorías no porto de Meloxo
Tres persoas foron rescatadas na tarde deste martes ao envorcar a súa embarcación na zona do porto de Meloxo, no municipio pontevedrés do Grove.
O suceso tivo lugar sobre as 18,30 horas, cando un particular informou de que vira un barco envorcado e que as persoas que ían a bordo se atopaban encima dunha batea.
Pouco despois, efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias confirmaron que a embarcación escorara mentres cargaba mercadorías e que acabou envorcando.
Desde o Servizo de Gardacostas de Galicia chegou mobilizouse o helicóptero de rescate Pesca I, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención, xa que os afectados foron trasladados ilesos a porto a bordo doutra embarcación. O barco afectado acabou afundíndose por completo.
No operativo colaboraron Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias do Grove.