Cargando resultados...
Repuntan os contaxios da covid en Ourense
A área sanitaria de Ourense concentra 6.500 casos activos
Houbo 689 novos contaxios en menos de 24 horas

G24.gal
05/01/2022 14:36
Na provincia de Ourense pasan xa dos 6.500 casos activos despois de 689 novos contaxios en menos de 24 horas. Unhas cifras de récord, explosivas que volven marcar unha tendencia preocupante en toda a área sanitaria.
A cidade é a que máis casos concentra, preto da metade. A evolución noutros concellos como O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Verín tamén preocupa. Unha nova repunta de casos na provincia onde por primeira vez nesta pandemia non temos ningún concello libre de coronavirus.