Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe programa servizos por estrada ante as obras de ADIF entre Salvaterra e As Neves

Renfe programa servizos por estrada ante as obras de ADIF entre Salvaterra e As Neves

ADIF executará durante este corte actuacións para a entrada en servizo do novo apartadoiro ferroviario da PLISAN, entre eles a conexión entre a liña Ourense-Vigo e a nova vía cara ao apartadoiro e tamén a adecuación das instalacións de electrificación, sinalización e seguridade

G24.gal 11/12/2025 12:20

Renfe habilitará entre o 19 e o 22 de decembro un plan alternativo de transporte por estrada para garantir a mobilidade dos seus clientes durante as obras que ADIF vai realizar entre as localidades pontevedresas de Salvaterra e As Neves.

ADIF executará durante este corte actuacións para a entrada en servizo do novo apartadoiro ferroviario da PLISAN (Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra – As Neves), entre eles a conexión entre a liña Ourense-Vigo e a nova vía cara ao apartadoiro, ademais da adecuación das instalacións de electrificación, sinalización e seguridade.

Esas actuacións, di a compañía nun comunicado, son incompatibles coa circulación de trens, polo que, mentres duren os traballos, Renfe prestará o seu servizo mediante un plan alternativo por estrada que se detalla a continuación: O Rex 12623 Ourense-Vigo Guixar, con saída ás 10:05, realiza por estrada o traxecto entre Arbo e Vigo Guixar os días 20 e 21.

O Rex 12608 Vigo Guixar-Ponferrada, con saída ás 14:07, realiza por estrada o traxecto entre Vigo Guixar e Arbo os días 20 e 21. O Rex 12477 Ourense-Vigo Guixar, con saída ás 21:20, realiza por estrada o traxecto entre Ourense e Vigo Guixar o día 20. O Rex 12474 Vigo Guixar-Ourense, con saída ás 07:43, realiza por estrada o traxecto entre Vigo Guixar e Ourense o día 21.

O Alvia 621 Vigo Guixar-Barcelona con saída ás 07:48, os días 20 e 22: modifica a súa orixe á estación de Vigo Urzaiz e a parada de Redondela á estación de Redondela A. V. Viaxeiros con orixe/destino Guillarei e O Porriño efectuarán transbordo por estrada.

O MD 37621 Vigo Guixar-León, con saída ás 07:48, os días 20 e 22: modifica a súa orixe á estación de Vigo Urzaiz e a parada de Redondela á estación de Redondela A. V. Viaxeiros con orixe/destino Guillarei e O Porriño efectuarán transbordo por estrada.

O Alvia 622 Barcelona-Vigo Guixar, con saída ás 09:05, os días 19 e 21: modifica o seu destino á estación de Vigo Urzaiz e a parada de Redondela á estación de Redondela A. V. Viaxeiros con orixe/destino Guillarei e O Porriño efectuarán transbordo por estrada.

O MD 37722 León-Vigo Guixar, con saída ás 16:59, os días 19 e 21: modifica o seu destino á estación de Vigo Urzaiz e a parada de Redondela á estación de Redondela A. V. Viaxeiros con orixe/destino Guillarei e O Porriño efectuarán transbordo por estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade