Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rematan as obras no aeroporto de Vigo, que xa está operativo

Rematan as obras no aeroporto de Vigo, que xa está operativo

G24.gal 02/01/2022 16:53

Aena anunciou hai uns minutos que o aeroporto de Vigo xa está operativo. Os técnicos remataron esta mañá con antelación sobre o tempo previsto, as obras de asfaltado da fochanca de sete metros por dous na pista de aterraxe.

Así, malia que se prevía a reapertura como moi pronto para o luns, adiántase a esta mesma tarde. Aena pídelles aos pasaxeiros que se informen coas compañías aéreas do estado do seu voo.

As previsións supoñían o desvío de máis dunha trintena de operacións cara á Lavacolla en Santiago ou Alvedro na Coruña.

Centos de pasaxeiros embarcaron este domingo en autocares para trasladarse ao aeroporto de Santiago, onde tomaron os voos desviados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade