Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata o soño da Copa para o Breogán, pero continúa o da permanencia

Remata o soño da Copa para o Breogán, pero continúa o da permanencia

O Real Madrid foi moi superior e gañou por 91-73

Happ foi o mellor do partido, con 21 puntos e 19 rebotes

G24.gal 22/01/2023 20:08

O Río Breogán xogaba entrar na Copa; o Real Madrid, o campionato de inverno. Os brancos saíron moi fortes, con Yabusele mandando tanto en defensa como en ataque, anotou 12 puntos, a metade dos seus nese primeiro cuarto. 24-11.

Melloraron os galegos no segundo e conseguiron chegar ao descanso por debaixo da barreira psicolóxica dos dez puntos, 46-37. Porén, o paso polos vestiarios resultou decisivo. O Real Madrid enganchou un parcial de 16-0, 28-9 nese terceiro período e 28 abaixo antes do derradeiro parcial. Cando todo semellaba perdido, o Río Breogán acadou un 4-20 e colocouse a 12 puntos para intentar meterse de novo no partido.

Os brancos tiraron de eficacia e Musa anotou os derradeiros puntos ante o seu exequipo. Non tivo piedade dos seus antigos compañeiros, rematou con 21 puntos, máximo anotador dos brancos. Un menos dos que achegou Nenadic para os galegos, 22, e os mesmos que Happ, que aos seus 21 puntos sumou 19 rebotes para un total de 37 de valoración, un dos xogadores máis destacados da xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade