Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira Galicia Escena Pro busca dar visibilidade ao sector escénico galego

A Feira Galicia Escena Pro busca dar visibilidade ao sector escénico galego

Entre os seus obxectivos tamén está poñer en contacto as compañías cos programadores de espectáculos

G24.gal 09/06/2022 20:47

A Feira Galicia Escena Pro puxo punto e final en Santiago tras unha semana en que se deron a coñecer ata 31 espectáculos.

No evento ten cabida o público en xeral, aínda que é eminentemente profesional. De feito, o obxectivo da feira é darlle visibilidade ao sector escénico galego e poñelo en contacto cos programadores de espectáculos públicos e privados, galegos e de fóra.

"Visibilizar os produtos que se fan, os produtos culturais, escena, danza... que se fan en Galicia durante esta tempada e a tempada que vén en diferentes fórmulas", di Juan Rodríguez, vogal de Escena Galega.

"Dentro desta feira está a parte da exhibición central e despois está a parte que chamamos a zona cero de Galicia Escena Pro, que son os encontros cos profesionais. Comezamos con 300 que estaban axendados antes de comezar a feira e imos rematar hoxe mesmo a feira con máis de 500 reunións entre programadores e compañías", sinala Jacobo Sutil Director de AGADIC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar