Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a administración da dose de reforzo ao grupo de 18 a 29 anos

Remata a administración da dose de reforzo ao grupo de 18 a 29 anos

Haberá máis xornadas de segundas oportunidades para os que non puideran acudir

Saúde Pública recomenda recibir a terceira dose cinco meses despois de dar positivo

G24.gal 29/01/2022 14:30

Este sábado é a última xornada de vacinación coa terceira dose ao grupo de idade de entre 18 e 29 anos, salvo para as novas oportunidades ou para aquelas persoas que pasaron recentemente o coronavirus.

Na área sanitaria de Santiago hai este sábado uns 2.300 convocados. Están a recibir a dose de Pfizer.

A nova recomendación de Saúde Pública a aquelas persoas que pasaron recentemente a covid de esperar agora para administrar a dose de reforzo uns cinco meses desde que se diagnosticou a enfermidade, fronte as catro semanas de antes, xerou certa confusión.

"A miña filla tivo a covid ao mesmo tempo ca min e hoxe non lle puxeron a terceira dose, con isto de que agora teñen que pasar cinco meses desde pasar a enfermidade, pero a min si me puxeron hoxe a dose de reforzo e a ela non, e o caso é o mesmo", di unha das convocadas.

Esta semana na área sanitaria de Compostela e Barbanza estaban convocadas unhas 20.700 persoas no grupo de idade de 18 a 29 anos. A asistencia foi algo menor ca no resto de franxas.

"Agora estamos rematando con este grupo de idade, que faltou un pouco máis ca o resto, é normal porque hai moitos infectados pola covid e tendo en conta que agora, segundo as novas recomendacións de Saúde Pública, teñen que esperar arredor dos cinco meses para recibir a dose de reforzo. A porcentaxe baixou un pouco, está sobre o 76 ou 77 % estes días", asegura Álex Baña Tomé, membro do equipo de coordinación da vacinación no Gaiás.

O domingo a campaña inclúe novas oportunidades de vacinarse para todas as franxas de idade. Están convocadas en toda a área sanitaria unhas 3.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar