Fin da folga da atención primaria en Madrid
A Consellería de Sanidade e os sindicatos asinan o acordo que remata con case catro meses de mobilizacións
Os profesionais terán máis tempo para atender os pacientes e melloras salariais
Remata a folga de médicos de familia e pediatras de Madrid tras catro meses de mobilizacións.
A Consellería de Sanidade e o comité de folga pecharon onte o acordo, que recolle as principais reivindicacións dos sindicatos: melloras salariais cun complemento mensual de 450 euros e máis tempo por cada paciente. Dez minutos por persoa na medicina de familia e quince minutos en pediatría.
Na Comunidade de Madrid celebran o pacto. O sindicato maioritario manifesta moderada satisfacción.
A Consellería de Sanidade e o comité de folga da Atención Primaria asinaron o acordo tras unha reunión de cinco horas que pon fin ao conflito.
Ambas as partes alcanzaron este mércores "un preacordo verbal", despois de case catro meses de paro indefinido, que foi ratificado polos afectados pola noite nunha reunión telemática.