Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a etapa de Óscar Cano como adestrador do Deportivo

Remata a etapa de Óscar Cano como adestrador do Deportivo

A derrota ante o Linares (3-2) fixo rebordar o vaso

O Deportivo só sumou tres vitorias nas últimas once xornadas

G24.gal 15/05/2023 21:46

Rematou a etapa de Óscar Cano como adestrador do Deportivo. O andaluz foi vítima dos malos resultados dun equipo que quedou sen posibilidades do ascenso directo, obxectivo prioritario, e que ten complicado chegar ao play off con vantaxe de campo. 

Os malos resultados dos últimos tres meses (tres vitorias nos últimos once encontros) auguraban este desenlace, demasiado prolongado para uns afeccionados que berraban insistentemente iso de "Cano dimisión" desde a derrota contra a Cultural Leonesa. 

Con Cano, o Deportivo foi un equipo tan fiable en Riazor como desastroso a domicilio. Os números como visitante condenaron un equipo coruñés que non gaña lonxe da súa casa desde o 19 de febreiro. Se temos en conta as dez últimas xornadas, o Deportivo estaría na metade da clasificación, moi afastado dos números que acreditaron Racing de Ferrol ou Unionistas, os conxuntos que están a rematar mellor o campionato. En total, Cano dirixiu 29 partidos, con catorce vitorias, nove empates e seis derrotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade