O Deportivo culmina en Linares a súa pésima temporada como visitante
Comezou gañando por 0-2 (Zalazar e Saverio), pero o equipo local remontou nun segundo tempo pletórico (3-2)
A pésima temporada do Deportivo a domicilio tivo un novo episodio en Linarejos, o máis dramático. Cedeu un 0-2 para finalizar o partido cunha derrota, ademais merecida.
Na primeira parte saíulles todo aos de Óscar Cano que, moi axiña collían vantaxe cun tanto de Kuki Zalazar. Semellaba ser o día dos actores secundarios, coas baixas de Quiles e Lucas Pérez. Svensson apoareceu para evitar o gol do Linares nun remate de Lolo. E pouco despois Kike Saverio marcábase unha xogada de luxo para ampliar a vantaxe. O 0-2 para os coruñeses era esaxerado aos merecementos dun e doutro e na segunda parte a realidade foi outra.
Despois duns minutos de calma, Fermín logrou o tanto quer recurtaba as diferenzas para o Linares e a partir de aí desatouse a furia ofensiva dos andaluces, que andan á procura dun posto na fase de ascenso. Unha rápida transición ofensiva dos locais concluiu no remate á rede de Samu Corral. E non quedou aí. Un lanzamento de falta directa permitiulñle a Varela exhibir a calidade do seu golpeo (3-2).
O Deportivo só tivo unha opción, moi ao final, pare reverter ese duro desenlace que o deixa xa defintitivamente sen opcións de ascenso e coa enésima decepción para a súa sufrida bancada.