Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Huelva xa supera as 3.600 hectáreas e mantén 121 persoas desaloxadas

O incendio de Huelva xa supera as 3.600 hectáreas e mantén 121 persoas desaloxadas

Máis de 360 efectivos e ata 23 medios aéreos traballan na extinción dun incendio que as autoridades consideran "moi complicado" 

EuropaPress
G24.gal 09/06/2026 09:08 Última actualización 09/06/2026 14:12

Novos medios aéreos incorpóranse este martes aos labores a extinción do incendio forestal no municipio onubense de Villanueva de los Castillejos. O lume, que xa supera as 3.600 hectáreas, obrigou ao desaloxo preventivo de 121 persoas, segundo informou este martes o conselleiro anadaluz de Presidencia, Sanidade e Emerxencias, Antonio Sanz. 

Nunha comparecencia ante os medios, Sanz explicou que se trata do perímetro sobre o que traballan os equipos de extincións, aínda que iso non significa que toda a superficie estea queimada. O responsable andaluz definiu o lume como un incendio de evolución complexa, favorecido polo vento e pola elevada carga de combustible vexetal da zona. 

Mellora a situación 

As autoridades destacan que nestes momentos non existe risco para a poboación. O flanco dereito do incendio, que ameazaba San Bartolomé de la Torre, atópase controlado, mentres que a cabeza do lume, na zona máis próxima a Gibraleón, permanece contida. 

Dos 355 veciños desaloxados de forma preventiva, 234 xa puideron regresar ás súas vivendas. Outras 121 continúan fóra das súas casas, a maioría realoxadas co familiares e amigos. 

 

EuropaPress EuropaPress

No operativo participan 360 efectivos terrestres, 13 autobombas, maquinaria pesada e ata 23 medios aéreos, unha cifra que podería aumentar ata os 25 ao longo da xornada. As autoridades manteñen aberta a investigación para determinr as causas do incendio. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade