Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reforzan os puntos para facer probas PCR en Pontevedra

Reforzan os puntos para facer probas PCR en Pontevedra

A área sanitaria rexistra 1.696 casos activos

G24.gal 12/12/2021 15:07

A necesidade de facer tests para detectar contaxios de coronavirus aumenta na área sanitaria de Pontevedra ao tempo que o fan os casos activos, que se sitúan en 1.696 este domingo. Só na cidade, rexistráronse 363 positivos nos últimos sete días.

No hospital provincial de Pontevedra, pola mañá fan probas PCR a persoas que foron citadas porque deron positivo nun test de antíxenos ou porque son contacto estreito dun positivo. Pola tarde atenden sen cita. 

No hospital Montecelo hai outro posto similar e, dende esta fin de semana, habilitouse un terceiro na Cidade Infantil Príncipe Filipe.

Con todo, os contaxios detectados nas últimas 24 horas reducíronse e son 112, case a metade dos rexistrados este sábado.

Tamén transcendeu a existencia de dous gromos no hospital provincial con sete profesionais afectados polo momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade