Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redúcese a emisión de lava e de gases do volcán da Palma

Redúcese a emisión de lava e de gases do volcán da Palma

Os vulcanólogos din que o Cumbre Vieja está estable, pero que continúa activo

O Goberno eliminará impostos nas axudas para reconstruír vivendas na Palma

directo
Maite Teijido 05/11/2021 20:20

O Cumbre Vieja leva unhas máis tranquilo, pero os vulcanólogos aínda son prudentes. Confirman que entrou nunha fase de estabilidade: emite menos lava e menos gases, pero advirten que a actividade no subsolo segue sendo moi activa, co que pode revivir en calquera momento. 

"É unha estabilidade dentro dunha evolución. Que estea estable non significa que estea inactivo, o volcán segue emitindo lava, hai un proceso de reaxuste interno que fai que a sismicidade sexa aínda moi intensa", asegura Carmen López, vulcanóloga do Instituto Xeográfico Nacional.

Case cen terremotos removeron a terra este venres na Palma. As cinsas chegan a todos os puntos da illa e cobren con varios de metros de altura as inmediacións do cono volcánico.

A lava avanza lentamente e segue sen chegar ao mar; esténdese polo territorio, en moitos puntos por debaixo da terra, a través dos chamados tubos lávicos. Xa van preto de 1.000 hectáreas de terreo arrasadas, e 2.700 edificacións destruídas.

A illa gañou ata o de agora 34 hectáreas de superficie. E os científicos do CSIC identificaron xa a primeira praia que se formou na plataforma de lava que chegou á auga. O mar empeza a transformar a lava e as cinsas en area.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade