Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperando o Entroido tradicional: así facían antes as máscaras

Recuperando o Entroido tradicional: así facían antes as máscaras

Moitas das máscaras dos 'introitus' peninsulares e europeos comparten características

G24.gal 28/01/2024 15:50 Última actualización 28/01/2024 18:23

Son máscaras dos Entroidos tradicionais de Galicia, Portugal, Zamora e Cerdeña. Malia a procedencia e a forma diferente, comparten certa coherencia.

"Unha celebración de fin de ciclo, da época do inverno que se chama pola primavera, e hai unha mesma visión".

Algunhas das máscaras máis típicas pertencen ao volante de Santiago de Arriba, personaxe do Entroido ribeirao que pisa as hortas e as enche de sorte e abundancia. Tamén ao chocalleiro de Bemposta, en Portugal, unha máscara petitoria pola que se poxa. Está tamén o boe, de Sardeña, ou as máscaras de Buxán.

"Unha suposición, como se di antigamente, co relato da xente maior respecto aos materiais, que os que temos agora son materiais que antigamente non había, e grazas á información da xente maior pois fixen esa interpretación de como serían antigamente", explicaba Xosé Manuel Seixas artesán e investigador do Entroido tradicional europeo.

Xosé Manuel Seixas leva trinta anos recuperando estas máscaras, desprazándose e investigando estas manifestacións antropolóxicas, achegándose a cada parroquia, a cada aldea onde se celebra o Entroido tradicional onde as persoas se visten no canto de se disfrazaren.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade