Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperan chivanas e lapas, antigos refuxios dos pastores da serra do Xurés

Recuperan chivanas e lapas, antigos refuxios dos pastores da serra do Xurés

A Ruta das chivanas abrírona conxuntamente dúas empresas de ecoturismo de Entrimo e Lobios

Unhas das 52 chivanas e lapas xeolocalizadas e aínda en pé na serra do Xurés
G24.gal 31/05/2023 21:03 Última actualización 31/05/2023 21:24

As chivanas é o nome que lles daban os pastores da serra do Xurés aos seus refuxios da montaña, unhas construcións de pedra cun curioso teito abovedado.

Nelas pasaban días ou meses nas temporadas de primavera-verán, cando subían o gando á montaña na busca de pastos frescos.

Teñen arredor de nove séculos de antigüidade pero a maioría caeu en desuso coa extinción no Xurés deste tipo de pastoreo, que porén continúa na zona do Gerês en Portugal.

Dúas guías de dúas empresas de ecoturismo, Miraxurés de Entrimo e Lirio do Xurés de Lobios, están a intentar recuperar as que aínda non colapsaron co testemuño da xente maior da zona e dos cazadores. Grazas a eles están a xeolocalizalas, levan 52, e abriron a Ruta das chivanas para recuperar parte da memoria do Xurés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade