Publicador de contidos
Publicador de contidos

Record de contaxios en Alemaña: por primeira vez, ten que derivar pacientes a outros países

Record de contaxios en Alemaña: por primeira vez, ten que derivar pacientes a outros países

O Parlamento xermano aproba novas restricións, que inclúen o pasaporte covid no traballo e no transporte público

Os non vacinados estarán vetados en eventos deportivos, culturais e de ocio

Maite Teijido 18/11/2021 20:27

Alemaña enfróntase a unha cuarta onda que, segundo as autoridades sanitarias, chegou cunha forza inusitada. Coa cifra de vacinados estancada no 67 por cento, o país está alcanzando os niveis de contaxio máis altos de toda a pandemia. Nos últimos dous días detectaron 132.000 casos e a propia chanceler Angela Merkel fala abertamente dunha situación dramática.

O peor escenario está nos hospitais. As UCI non soportan máis presión e por primeira vez en ano e medio houbo que derivar pacientes ao estranxeiro, principalmente a Italia. 

O Parlamento alemán aprobou este xoves novas restricións para atallar a pandemia. Esixirase o pasaporte covid para case todo, incluído para usar o transporte público ou para acceder ao posto de traballo.

E mentres se estuda como acelerar a vacinación, o Goberno vai aumentar a presión sobre os non vacinados, que quedarán nunha situación de semiconfinamento. Nas zonas de maior incidencia quedarán vetados en locais e espectáculos de ocio, culturais ou deportivos. 

Alemaña é o que está peor, pero a pandemia vai polo mesmo camiño en países como Francia ou a República Checa, onde os contaxios están aumentando de maneira explosiva. Segundo a Organización Mundial da Saúde, Europa é o único continente onde a pandemia recrúa e as mortes por covid van a máis. No resto, polo momento, están estancadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade