Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Asociación Española Contra o Cancro recoñece a investigación feita no hospital de Ourense

A Asociación Española Contra o Cancro recoñece a investigación feita no hospital de Ourense

O cancro colorrectal é o terceiro con máis incidencia entre a poboación, e o segundo en mortalidade

Para mellorar na detección precoz, a AECC investirá nun proxecto de investigación que se leva a cabo desde o hospital de Ourense

Carme García Benito, oncóloga e investigadora que recibiu a axuda
G24.gal 05/03/2024 14:39

Carme García Benito, oncóloga e investigadora do hospital de Ourense, é a beneficiaria desta axuda da Asociación Española contra o Cancro que implica un contrato por catro anos, para que siga investigando xunto ao equipo de oncoloxía dixestiva de Ourense.

"Permíteme estabilizarme no campo da investigación e axudar os nosos pacientes, que é ao que nos uqeremos dedicar", di Carme García Benito, oncóloga e investigadora.

O seu proxecto aspira a mellorar a estratexia de cribado do cancro colorrectal para aumentar así a esperanza de vida dos pacientes.

"Establecer unha estratexia de cribado que sexa eficaz e que permita reducir a mortalidade en pacientes con lesións avanzadas, mediante sistema de cribado", explica Carme.

É un dos dez proxectos seleccionados en España este ano, o único en Galicia e o primeiro en Ourense.

"A asistencia sanitaria, se non vai acompañada de docencia e dunha boa investigación, está incompleta", asegura Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense.

Desde a asociación contra o cancro teñen un obxectivo con estas axudas á investigación: elevar ao 70 % o índice de supervivencia media do cancro para 2030.

"Hai 50 anos, unha persoa de cada catro podía sobrevivir ao cancro. Grazas á investigación, hoxe en día sobreviven o 55 % dos homes e preto do 62 % das mulleres", celebra Naiara Cambas, directora de Divulgación Científica da AECC.

Estas axudas permiten compatibilizar a investigación coa asistencia sanitaria, aproveitando, de paso, as achegas dos pacientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos