Reclusos dos cinco cárceres galegos compiten na Estrada nun torneo de fútbol
O torneo forma parte dun proxecto de reinserción a través deste deporte
Ilusión, ledicia, nervios, tensión. Son os sentimentos que inundan o céspede do campo municipal da Estrada esta mañá. Os participantes neste torneo son reclusos da Lama, Bonxe, O Pereiro de Aguiar, Teixeiro e Monterroso próximos a deixar a prisión. Grazas ao fútbol teñen a oportunidade de saír da rutina carceraria e ulir a liberdade que tanto ansían.
O torneo forma parte dun proxecto de reinserción a través do fútbol que promoven as Federacións Española e Galega.
Adestran semanalmente nos seus respectivos centros e o deporte convértese así nunha ferramenta para preparalos para ao seu regreso á sociedade.
Do que todos teñen ansia é de marcar goles e levar o título. A Lama parte como favorito porque gañou o ano pasado. O premio paga a pena: pasar á fase nacional que se xogará en maio en Madrid. A xornada rematará cun xantar de confraternidade.