Publicador de contidos

Publicador de contidos

Capturan un preso que saltou tres valados de protección e fuxiu de Monterroso

Capturan un preso que saltou tres valados de protección e fuxiu de Monterroso

Un preso con antecedentes violentos logrou saltar o muro e o valado de arame de contención do cárcere de Monterroso

Tirou para o monte que está preto da prisión, pero alí xa o estaban agardando varios funcionarios e gardas civís, que o levaron de volta para o cárcere

G24.gal 01/04/2026 14:24

O protagonista da fuga chegara poucos días antes a Monterroso procedente dunha prisión do País Vasco. Dando mostra dunha audacia e axilidade nunca antes vista nesta prisión, botou a correr e superou dous valados de seguridade e unha concertina. Empoleirouse ao muro de formigón e saltou dende seis metros, demostrando un estado físico envexable. 

Unha vez fóra, tirou correndo para o monte buscando posiblemente onde agocharse, pero xa aló o agardaban funcionarios e Garda Civil. A aventura durou pouco. 

"A medio quilómetro de alí xa o colleran", comenta un veciño de Monterroso.

Non é este o primeiro intento de fuga que se produce en Monterroso, pero si o que chegou máis lonxe. O recluso non estaba catalogado como perigoso a pesar de que xa protagonizara episodios violentos no cárcere do que procedía.

Cesár Paz, delegado sindical do CSIF en Monterroso, di: "Non ten sentido remitir tanta xente cun perfil complicado a centros coma Monterroso. Hai 50 ou 60 internos cun perfil que non se adapta ás características deste centro".

Os funcionarios denuncian a saturación do centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade