Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operación Carioca: as penas redúcense de máis de 500 anos a 10 e eximen de entrar no cárcere

Operación Carioca: as penas redúcense de máis de 500 anos a 10 e eximen de entrar no cárcere

A Fiscalía pasou de pedir máis de 500 anos de prisión a apenas 10

O presunto cabeza da trama é José Manuel García Adán

Concentración da Plataforma cidadá contra a impunidade da Carioca

 

G24.gal 30/11/2021 14:00

Dende un cárcere de León e por videoconferencia compareceu o principal acusado, José Manuel García Adán. Recoñeceu, entre outras, as acusacións de prostitución coactiva, tenza ilícita de armas e atentado contra o dereito dos traballadores.

Solicitaban para el máis de 200 anos de prisión, pero tras o acordo coa Fiscalía quedarán en seis. A súa avogada, Esther Amado, explicou que como García Adán xa está a cumplir a pena máxima por outra condena esta pena non lle afecta e non lle suporá máis anos de prisión.

A atenuante das dilacións indebidas tamén reduce a pena de José Manuel Pulleiro pasando de máis de 200 anos a 3. O seu avogado, Cándido Conde Pumpido sinalou que non ingresará de novo no cárcere porque xa cumpriu máis da pena pactada agora.

Tamén se librará da prisión a acusada de captar mulleres vulnerables no Brasil e que acabou colaborando coa xustiza.

Ás portas da audiencia concentrouse a Plataforma cidadá contra a impunidade da Carioca para amosar a súa indignación coa redución de penas acordada pola fiscalía e que consideran unha humillación contra as 400 mulleres afectadas nesta trama de prostitución.

Esta peza separada da Carioca quedou vista para sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade