O Real Madrid gaña en Nápoles e dá un paso de xigante na Liga de Campións
Os de Ancelotti impuxéronse (2-3) con goles de Vinícius, Bellingham e Valverde
O Sevilla empatou en Eindhoven (2-2) nun partido marcado pola arbitraxe

O Real Madrid gañou en Nápoles (2-3) na segunda xornada da Liga de Campións nun partido espectacular. Os de Ancelotti comezaron por debaixo no marcador, depois dun erro de Kepa que aproveitou Ostigard. Pero remontaron os madrileños grazas aos goles de Vinícius e Bellingham.
Un discutido penalti por mans de Nacho permitiulle a Zielinski poñer o empate, pero aínda quedaba a aparición de Fede Valverde, que conectou un gran disparo desde a frontal que entrou despois de tocar no traveseiro e no porteiro local.
Kepa mide mal y Ostigard aprovecha el caos para adelantar al Nápoles. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/hLDzevqdOr
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
Bellingham intuye. Vinicius la mete en la jaula. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/eLXTeNASbl
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
Hace lo que quiere.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
Bellingham se mete el partido en el bolsillo. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/nYXH9HRdSF

Empate do Sevilla en Eindhoven
O Sevilla empatou (2-2) no campo do PSV nun partido marcado polas decisións do VAR. Ao pouco de comezar a segunda parte, Pedrosa marcou para os sevillistas, pero o árbitro anulouno por unha man previa moi protestada que lle custou a expulsión a Mendilíbar. En Nesyri estrelouse contra o traveseiro, pero tamén o PSV mandou un par de lanzamentos á madeira.
Foi a vinte minutos do final cando Gudelj aproveitou unha deixada de Ramos para rematar á rede. Quedaba outra aparición do colexiado cando asubiou un penalti (tamén polémico) de Ramos que transformou Luuk de Jong. Era o minuto 84 e dous minutos máis tarde o Sevilla reaccionou cunha gran cabezada de En Nesyri. Quedaba un gol máis, no minuto 95, cando Jordan Teze empurrou unha xogada embarullada despois dunha falta lateral.
Caramelos Sergio Ramos.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
Tiburón Nemanja Gudelj.
El Sevilla manda en Eindhoven. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/Zl7ABNkUZW
𝑫𝒊𝒄𝒆𝒏 𝒒𝒖𝒆 𝒏𝒖𝒏𝒄𝒂 𝒔𝒆 𝒓𝒊𝒏𝒅𝒆...
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 3, 2023
En-Nesyri marca el gol de todo el sevillismo. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/0O8mHmpkQK