Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid, camiño das semifinais con paso firme (2-0)

O Real Madrid, camiño das semifinais con paso firme (2-0)

Derrotou un Chelsea, que quedou con dez no minuto 60, cos goles de Benzema e Asensio

G24.gal 12/04/2023 22:00 Última actualización 12/04/2023 22:53

O Real Madrid recuperou a súa imaxe máis sólida na Champions. Non decidiu a eliminatoria pero encamiñouna dun xeito inmellorable cun triunfo por 2-0 ante o Chelsea na ida dos cuartos de final. 

Fermoso primeiro tempo, co Real Madrid levando a iniciativa e co Chelsea aproveitando cada concesión branca para xerar perigo na porta de Courtois. O que acabou desequilibrando a balanza foi o de sempre, Karim Benzema. 

O partido colleu unha nova dimensión coa expulsión de Chilwell ao cuarto de hora da segunda metade. O Chelsea volveuse máis conservador, consciente de que a derrota mínima non era tan mal resultado.

O Real Madrid botouse arriba á procura dun segundo gol. Ancelotti meteu trocos e deu entrada a Asensio. No primeiro balón que tocou o balear, o coiro acabou no fondo da rede. No engadido Benzema tivo outra grande ocasión para marcar o terceiro e Rudiger salvou un man a man con Mount que podía abrir a porta da esperanza para os ingleses.

O Chelsea terá que dar unha imaxe moito mellor no partido de volta se quere ter opcións de chegar ás semifinais. Do Real Madrid xa sabemos que na Champions consegue meter sempre unha marcha máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade