Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio que ameazou a contorna do castro de Elviña, na Coruña

Controlado o incendio que ameazou a contorna do castro de Elviña, na Coruña

O lume arrasou seis hectáreas, pero causou alarma entre os veciños pola proximidade á zona urbana da cidade

Traballan no control deste incendio seis axentes, once brigadas, nove motobombas e un helicóptero

G24.gal 04/08/2022 09:47 Última actualización 04/08/2022 19:47

O incendio forestal no barrio coruñés de Elviña está controlado tras queimar 10 hectáreas, segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural. As chamas empezaron ás 19:41 horas deste mércores en Elviña, unha das zonas rurais do municipio da Coruña, e quedaron estabilizadas á 1:27 horas da noite deste xoves.

Desde primeira hora da mañá os servizos de extinción están a realizar os últimos traballos sobre o terreo para apagar as lapas. Isto foi o que provocou unha nova fumareda que alertou os veciños. 

Traballan no control deste incendio 9 axentes, 16 brigadas, 12 motobombas, un técnico e un helicóptero.

Un incendio que comezaba á última hora da tarde de onte e aínda que nun primeiro momento parecía non revestir maior gravidade, a medida que as lapas ían avanzando ata zonas poboadas e ás inmediacións do campus universitario, provocaron certa alarma entre os veciños da zona.

Ata a media noite o lume non quedou controlado, pero esta mañá houbo que tomar medidas por se o fume obrigaba a cortar a circulación nas estradas próximas á zona afectada, en dirección entrada á cidade. Non foi necesario. E sobre a orixe do incendio, non se desbota que puidese ser intencionado.

Se as condicións meteorolóxicas axudan, os equipos de emerxencia confían en que o lume poida quedar extinguido ao longo desta xornada.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade