Cargando resultados...
Reacción a tempo do Pontevedra ante o Ceares
G24.gal
30/04/2022 20:26
O Pontevedra resiste no liderado da 2 federación tras o seu triunfo no campo do Ceares.
O primeiro gol chegou nada máis sacar de centro, menos de 20 segundos tardou Álex González en rematar coa testa o centro de Oier Calvillo.
Pero o Ceares empatou no segundo tempo, Óscar Fernández rematou dentro da área unha xogada embarullada. Era o minuto 73 e os galegos tiveron unha reacción de líder, con dous goles cando o partido morría.
Charles no 88 e Álex González no 91 levaron o triunfo para a cidade do Lérez. O Pontevedra precisa catro dos seis puntos que quedan para ascender directo.