Reabren os vacinódromos para poñer a cuarta dose a maiores de 85 anos
Para esta cuarta dose estréanse as vacinas bivariantes que protexen fronte ás subvariantes de ómicron pero tamén das formas iniciais do SARS-Cov-2
En Santiago de Compostela están citadas para este venres 2.600 persoas
Ás 9:00 horas deste venres reabriron os grandes recintos de vacinación para poñer a cuarta dose da covid para os maiores de 85 anos. Despois de rematar a vacinación en residencias reactívase a vacinación masiva en grandes recintos para os maiores de 85 anos.
Explican as autoridades que, dada a época do ano en que entramos, non se pode descartar un aumento da incidencia da covid, e que por iso é moi importante que os maiores de 60 poñan as súas defensas a punto para esta temporada outono-inverno.
Puideron adiantar a data de inicio porque rematou xa antes do previsto a vacinación nas residencias de maiores e centros de discapacidade, cunha cobertura do 97 por cento.
Esta ano os maiores de 80 están convocados en vacinódromos. Nas anteriores ocasións, o grupo de máis idade era o de 70-79 e os maiores ían ao centro de saúde. Pero hoxe vimos maiores de 85, como ringuiletes a maioría deles, acudir pola cuarta.
Algúns aproveitaron a posibilidade de desprazarse canda aos achegados e outros chegaron acompañados polos fillos. Vimos ademais algunhas discrepancias a respecto do uso dos grandes recintos para esta faixa de idade. E moitas persoas que non sabían que van rechamar a todos para ofrecerlles comodidades aos que por agunha razón, teñen problemas para desprazarse.
No caso dos maiores de 80 que pasaron a covid recentemente, a recomendación é que esperen tres meses para recibir este reforzo. Moitos que non sabían que van rechamar a todos para ofrecerlles comodidades aos que por agunha razón, teñen problemas para desprazarse.
Poderán levar esa dose de reforzo contra a covid e se queren levar tamén ao mesmo tempo a da gripe. Todas aquelas persoas con problemas de mobilidade poderán acudir na repesca aos seus centros de saúde.
En Santiago de Compostela a vacinación contra a covid-19 retómase no Gaiás, onde este venres están citadas 2.600 persoas. Hai habilitados un total de 12 postos, que se poderían ampliar ata os 18. No caso de Lugo a vacinación retómase no Hospital Lucus Augusti.
Trátase dunha dose de recordo fronte á covid-19 adaptada ás novas variantes en grupos de poboación moi concretos. Para esta cuarta dose estréanse as vacinas bivariantes que protexen fronte ás subvariantes de ómicron pero tamén das formas iniciais do SARS-Cov-2.