Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabre o comedor solidario de Vida Digna en Vigo tras seis meses pechado

Reabre o comedor solidario de Vida Digna en Vigo tras seis meses pechado

A ONG recreou un restaurante e serve comidas os sábados e os domingos

Tiveran que parar a súa actividade por falla de recursos

G24.gal 14/05/2023 13:54 Última actualización 14/05/2023 15:08

Logo de seis meses pechado por falta de recursos este domingo volveu abrir o comedor solidario de Vida Digna, un proxecto moi especial grazas ao cal e as familias con poucos recursos poden gozar da experiencia de xantar os sábados e os domingos de balde.

Ademais da paréntese da pandemia, tiveron que pechar por falta de recursos; tan só nun mes pagan 600 euros de electricidade, pagan tamén alugueiro e os alimentos subiron moito. Confían en conseguir máis axudas e non ter que volver pechar.

Teñen capacidade para 160 comensais que este domingo van comer ensalada rusa, paella de polo con luras e lagostinos, natillas e froita. Pero segundo a ONG, a comida non é o máis importante, senón devolver a ilusión e a dignidade a estas persoas, que ás veces non teñen nada; nin sequera quen lles faga caso.

Medio cento de xente voluntaria cociña, serve mesas ou lava a louza. Desta volta, había unha ducia do hospital Ribera Povisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade