Raquel Carrera, única galega convocada para o Preolímpico de Hungría
Nin Paula Ginzo nin Blanca Millán entraron na lista do vigués Miguel Méndez
Alba Torrens capitaneará a selección

Alba Torrens capitaneará a selección española feminina de baloncesto no Preolímpico que se disputará en Hungría do 8 ao 11 de febreiro, segundo a lista de convocadas polo técnico Miguel Méndez.
Torrens, que está a un partido dos 200 co equipo nacional, capitaneará o equipo ante a baixa por lesión da base Silvia Domínguez.
O seleccionador convocou doce xogadoras e dúas invitadas, Laura Peña e Nerea Fermosa, que participarán nos adestramentos antes de viaxar a Hungría.
A única galega convocada foi a pivote de Ourense, Raquel Carrera. Nin Paula Ginzo nin Blanca Millán entraron na lista.
A selección española concentrarase o sábado en Madrid, onde se exercitará ata que o martes viaxe a Sopron. No Novomatic Area desta localidade húngara xogarase o pase para os Xogos Olímpicos de París 2024. España enfrontarase o xoves 8 (16.30) a Xapón, o venres 9 (15.30) a Canadá e o domingo 11 (17.30) a Hungría. Os tres primeiros lograrán o billete olímpico
🚨 OFICIAL | La LISTA de #LaFamilia para luchar por el billete a los Juegos Olímpicos de @Paris2024 💪
— Baloncesto España (@BaloncestoESP) January 29, 2024
📆 8 al 11 de febrero #FIBAOQT #SomosEquipo pic.twitter.com/1p4WwpE0a2