Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raphinha fai unha 'flickligrana' con tres goles ao Bayern

Raphinha fai unha 'flickligrana' con tres goles ao Bayern

O brasileiro liderou a goleada do Barcelona (4-1) ao exequipo do seu adestrador

O Atlético perdeu co Lille por 1-3 cun penalti moi polémico

G24.gal 23/10/2024 22:15 Última actualización 23/10/2024 22:48

O Barcelona de Flick sumou unha vitoria moi importante nesta fase de grupos da Liga de Campións. Derrotou o rival en teoría máis duro por un contundente 4-1, con Raphinha como estilete. O brasileiro estivo brillante, con tres goles, aos que houbo que engadir un cuarto de Lewandowski. Polo Bayern só o gol de Kane puxo a incerteza no marcador durante algún tempo. 

Escándalo no Metropolitano

O Atlético de Madrid perdeu co Lille por 1-3 malia que comezou gañando cun gol de Julián Álvarez. Na segunda parte remontou o equipo francés con goles de Zhegrova e de Jonathan David despois dun penalti surrealista en que o xogador do Lille tocou a bola coa man e o colexiado asubiou a infracción en contra dos de Simeone. No último minuto o propio David marcou o definitivo 1-3, que deixa o Atlético en postos de quedar eliminado da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar