Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ramón Seijas: "A relixión dos arxentinos é Maradona, o meu deus é Iago Aspas"

Ramón Seijas: "A relixión dos arxentinos é Maradona, o meu deus é Iago Aspas"

O Celta cumpre o soño dun emigrante galego e lévao ver un partido a Balaídos

Puido coñecer en persoa o seu ídolo e quere que o enterren coa súa camiseta

G24.gal 07/03/2022 15:38

Ramón Seijas levaba toda a vida esperando cumprir un soño. Emigrante en Cataluña, por fin puido ver ao Celta en Balaídos e coñecer o seu ídolo, Iago Aspas, e pasou por Zona mixta para contalo.

O pasado decembro o seu neto Iván levouno desde Barcelona ata Andorra, na Copa do Rei, para que asistise por vez primeira en persoa a un partido do Celta. Daquela, o club prometeulles que os traerían tamén a Balaídos e escolleran este encontro co Mallorca. E cumpriu

Dous días sen durmir

Ramón non pegou ollo en toda a noite da previa co Mallorca, e despois do encontro, aínda foi peor:

"Non puiden durmir nada esta pasada noite tampouco, pasábanme as imaxes todas pola cabeza do partido, de Afouteza, do hotel de concentración onde coñecín a Aspas"

Un altar na casa

No seu domicilio ten as camisetas de Aspas, a bandeira e diversos motivos celestes. Pero a súa admiración por Aspas vai máis aló

"Quero morrer envolto coa bandeira do Celta, e levar a camiseta de Iago"

"Os arxentinos teñen a relixión Maradoniana, para min Deus é Iago Aspas", dixo moi emocionado

Case perde o avión de volta

"Cando foi o penalti díxenlle ao neto que tiñamos que marchar, que non iamos chegar ao avión, pero quedamos e celebrei o gol diante do adestrador do Mallorca no palco vip, non sabía que era el, pídolle perdón"

"Se nos puxeron unha multa logo ao volver para chegar ao aeroporto? Agora mesmo dáme igual, douna por boa"

"O próximo partido que iremos ver será o do Español en Barcelona, pero o meu neto quere que vaiamos a Vila-Real tamén"

Ramón, no seu domicilio en Cataluña, sinalando a camiseta do seu ídolo, Iago Aspas Ramón, no seu domicilio en Cataluña, sinalando a camiseta do seu ídolo, Iago Aspas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar