Benítez: "Parece que todos estamos obrigados a saír dende atrás co balón"
O adestrador deixou claro que o principal obxectivo do equipo será competir
Apostou por vir ao Celta por riba doutras ofertas
Comenta que non sabe que sucederá no futuro sobre Gabri
Rafa Benítez asina por tres temporadas co Celta. Inicia un proxecto pouco habitual na entidade celeste.
Máxima confianza do Celta por un adestrador que ten un exitoso palmarés. Ao mediodía asinou o contrato e foi presentado en sociedade.
Deixou ben claro que o seu obxectivo será competir ao longo destes tres anos. Benítez tratou de resaltar que buscará mellorar o equipo para que se logre deixar de sufrir.
No tocante á forma de xogar que terá o seu Celta, Benítez foxe da excesiva relación co balón, coa posesión do balón e deixa claro que tratará de xogar ben pero non esaxerará.
Por último tamén falou de Gabri e expresou que conta con el e que desexa telo como xogador e melloralo no tempo que esté, mais tamén declarou que non sabía nada do seu futuro.