Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafa Benítez fala de "partido trampa" ante o Almería

Rafa Benítez fala de "partido trampa" ante o Almería

Non pensa na posibilidade de adestrar o Celta en Segunda

G24.gal 29/02/2024 11:50 Última actualización 29/02/2024 16:57

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, mantén o seu discurso do maratón e a confianza plena na salvación do cadro vigués. Tras confirmar as baixas coñecidas -Joseph Aidoo, Miguel Rodríguez, Williot Swedberg, Mihailo Ristic, Renato Tapia e Carlos Dotor-, respondeu sobre a importancia do partido ante o Almería deste venres.

"Manteño que isto é un maratón e hai que lembrar de onde vimos. O ano pasado acelerouse ao final e salváronse os mobles. Este partido pódenos dar confianza ou meter máis presión. Afrontámolo coa idea de gañar".

A idea está clara para o preparador celeste. 

"Temos que seguir traballando, cometer menos erros e ter máis acertos. Hai que competir e traballar duro en todos os partidos que quedan, empezando por este, que o Almería está nunha situación mala, pero xoga sen presión", dixo, advertindo da dificultade do rival.

Advirte das dificultades do encontro.

"É un partido trampa. Son un bo equipo cunha situación na clasificación que non é boa".

"Se somos serios, sólidos e creamos ocasións como en moitos partidos, teremos oportunidade de levarnos os tres puntos", sostén.

Benítez asegura que nin pensa se seguiría en Segunda en caso de descenso porque está seguro de que ese escenario non se dará e céntrase nos partidos que quedan, comezando polo máis inmediato.

"Nin o penso. Estou convencido de que o equipo vai quedar en Primeira".

Destaca que o curso pasado facían falta 42 puntos e a situación actual é diferente porque os de arriba suman moitos puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade