Rafa Benítez aposta por un 4-4-2 e un equipo ordenado, que presiona a saída do rival
Rafa Benítez: "Agora os equipos saen de atrás a xogar, podes ir máis arriba e ser máis agresivo na presión. Así que temos un 4-4-2"
Para o Celta, aposten por un 4-4-2, un equipo ordenado, que presione a saída do rival e sobre todo que teña equilibrio. Hai un meses, no portal The Coach Voice, Rafa Benitez mostraba as súas preferencias futbolísticas.
"Tes que cambiar dependendo dos equipos, pero o importante é ter unha idea e despois mover aos xogadores, adaptar o sistema".
Primeira conclusión: teño unhas ideas, pero son elásticas e se hai que cambiar, cámbiase.
"Agora os equipos saen de atrás a xogar, podes ir máis arriba e ser máis agresivo na presión. Así que temos un 4-4-2"
4-4-2 en ataque, 4-3-3 en defensa, unha folla de ruta para 90 minutos no que a clave vai ser sempre o equilibrio, o balance, o concepto talismán que fixo campión a Benítez co Liverpool.
"Ter o equipo organizado, asegurarte de que podes atacar e que podes premer cando perdes balón. Asegúrate de que podes repregar e seguir organizado".
Organizarse non é cousa dun día, e o futuro adestrador celeste xa avisa de que os resultados poden non chegar até a segunda volta.
"Os nosos equipos eran mellores na segunda volta. Aos poucos os xogadores aprendían que facer" Pediría tempo tamén Benítez para facer callar o seu Celta? E os cartos, son decisivos para armar o equipo?".
"Se tes tempo, dous ou tres anos, podes escoller as características dos xogadores. Con cartos podes escoller os nomes que queres".
O tempo semella innegociable para o campión da Champions que, disque, chegaría xusto para tres anos a Vigo. E os cartos? Os del, saberanse. Os do equipo, hase ver.