Cargando resultados...
Rafa Benítez, a un paso de ser o novo adestrador do Celta
O técnico madrileño, sen equipo desde que en xaneiro de 2022 foi destituído polo Everton
Foto EFE
G24.gal
20/06/2023 12:40
Última actualización 20/06/2023 12:46
Rafa Benítez, que se atopa sen equipo desde que en xaneiro de 2022 fose destituído polo Everton, recibiu unha oferta do Celta para dirixir o seu equipo a tempada 2023-24, en que o club celebrará o seu Centenario.
Fontes próximas ao técnico madrileño confirman que as negociacións están “avanzadas” e que o exadesestrador do Real Madrid, Liverpool, Chelsea, Nápoles, Inter ou Valencia, entre outros, sería o substituto de Carlos Carvalhal no banco de Balaídos.
A fichaxe de Benítez, adiantada polo medio dixital Relevo, sería unha aposta do asesor deportivo Luís Campos, quen asumiu a planificación do proxecto deportivo tras a saída de Antonio Chaves do club.