Publicador de contidos

Publicador de contidos

Radioafeccionados comunícanse desde o faro de Mera con outros faros de todo o mundo

Radioafeccionados comunícanse desde o faro de Mera con outros faros de todo o mundo

O faro de Mera é un dos máis de 300 faros que participaron na International Lighthouse & Lightship Weekend

O encontro comezou a celebrarse nos anos 90 por iniciativa dun radioafeccionado escocés

G24.gal 17/08/2025 17:38 Última actualización 17/08/2025 19:18

O faro de Mera, no concello de Oleiros, comunícase por radio con outros 380 faros de todo o mundo. A voz é a de Eco Alfa 2 Delta Tango, o indicativo de chamada de Manuel, un dos radioafeccionados que participan neste Encontro Internacional de Faros

"A finalidade é tratar de contactar coa maior cantidade de estacións do mundo. Están entrando estacións de Alemaña, de Polonia, de Europa en xeral, mesmo nos contactou un australiano fai 10 minutos. A cousa vai ben", explica o radioafeccionado.

Detrás da outra estación está A1 November Tango. Luis, membro do radio club Hércules da Coruña, comunícase dixitalmente co resto de estacións participantes, desde Alaska ata Nova Zelanda. Ademais da radiofonía, úneos o interese por un dos instrumentos de comunicación máis antigos da humanidade.

"A idea da actividade é poñer en valor os faros como elementos culturais. Hai un ordenador. O ordenador xera un sinal que se converte en audio, en ruído, como o dos módems de antes. A vantaxe é que mentres en radiofonía só pode haber un sinal ao mesmo tempo, aquí nunha mesma frecuencia pode haber moitos, cada unha ten un son distinto. Agora estamos cun italiano e antes estabamos cun ruso, e antes cun alemán. É constante", explica o radioafeccionado.

O encontro comezou a facerse nos anos 90 e desde entón conecta milleiros de radioafeccionados de todo o mundo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos