Rácing e Pontevedra prepáranse para os seus partidos contra Fuenlabrada e San Fernando
O Rácing defende o liderado contra o Fuenlabrada
O Pontevedra busca a reacción contra o San Fernando
O Rácing de Ferrol, líder invicto, ten un obxectivo persoal: Alén de manter o seu bo momento queren dedicarlle unha vitoria a Pumar e Luca Ferrone, lesionados de gravidade. En Fuenlabrada estará o reforzo para o lateral, Aitor Pascual. Ferrolán de 24 anos, tiña 16 cando debutou coa camiseta verde na Malata. Despois de pasar por Levante e Badaxoz, agora levaba dous meses adestrando con Cristóbal Parralo, que aposta polo grupo para salvar esas baixas importantes.
Obras no estadio Fernando Torres impedirán a presenza de afección racinguista, xusto na semana na que estreou peña madrileña. O Fuenlabrada agarda como un dos mellores equipos como local.
Pola súa banda, o Pontevedra atravesa unha situación complicada. So marcou un gol nos últimos cinco partidos. A escaseza de puntos lastra ao equipo na zona baixa, en postos de descenso, con só 1 vitoria en 9 xornadas. Mañá recibirán ao San Fernando duodécimo.
"Temos que ser o Pontevedra da primeira xornada, o que foi a Riazor sen complexos. Personalidade para ter o balón, ser mellores que o San Fernando e poñernos por diante no marcador", di Antonio Fernández.
Sen Yelko, sancionado, pero recuperan a Luis Martínez. Os granates manteñen invicto o seu fortín, Pasarón. Agora o que precisan é unha vitoria sandadora.