Publicador de contidos

Publicador de contidos

Racing e Pontevedra chegarán ao derbi coa moral moi alta

Racing e Pontevedra chegarán ao derbi coa moral moi alta

O Racing volve estar en fase de ascenso e o Pontevedra reduce a marxe coa permanencia e déixaa a tres puntos

A cruz da xornada na 1.ª RFEF foi para o Deportivo, que non pasou do empate, e para o Celta B, que viu como crebaba a súa xeira vitoriosa

G24.gal 13/02/2023 21:15

O Pontevedra, penúltimo clasificado, sumou esta xornada tres puntos de ouro ante a Cultural Leonesa. Pero engadiu máis baixas ao equipo. Toni Otero amosouse moi crítico co estado do céspede en Pasarón e a súa repercusión nos futbolistas.

Pouca fortuna tivo o Celta B na casa do Majadahonda. Miguel Rodríguez desperdiciou a mellor ocasión dos celestes no minuto 85 e catro despois os madrileños non desaproveitaron a súa. O Celta B sae dos postos de promoción e volve perder máis de dous meses despois.

Mellor lle foi ao Racing na Malata, onde goleou ao Fuenlabrada. Marcaron Manu Justo, Luis Chacón e Pep Caballé. O equipo recupera resultados, sensacións e volve meterse en prazas de promoción.

O Deportivo, pola contra, non pasou do empate a ceros ante o Sanse. Partido regular e sen apenas ocasións dos de Óscar Cano. Sumaron un punto despois de que Alcorcón e Real Madrid gañasen os seus respectivos encontros. O liderado está agora a catro puntos. O Deportivo medirase nas próximas xornadas ao Talavera, ao Badaxoz e ao Linense, equipos da zona medio baixa da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade