Publicador de contidos

Publicador de contidos

Racing e Deportivo acaban a primeira volta en 'play off' pero lonxe do ascenso directo

Racing e Deportivo acaban a primeira volta en 'play off' pero lonxe do ascenso directo

O Celta B perdoou en Fuenlabrada a posibilidade de achegarse aos postos de privilexio

Problemas para un Pontevedra que remata a catro puntos da permanencia

G24.gal 16/01/2023 21:32

O Deportivo comprobou que Lucas non pode arranxar todos os partidos. Na casa do líder, o Alcorcón, a expulsión de Mackay por unha man fóra da área deixou o Deportivo con dez no segundo tempo. E aínda que Lucas Pérez conseguiu empatar cun lanzamento de falta espectacular, os madrileños sentenciaron e puxeron terra polo medio cos coruñeses, sete puntos de distancia. Non poden fallar en Riazor contra Majadahonda, o sábado pola G2.

Quen recuperou o rumbo foi o Racing, que goleou en Ferrol ao Sansebastián de los Reyes, 3-0, goles de Álex López, Heber Pena, anticipando un día a celebración do seu aniversario e Manu Justo. Son quintos e agora visitan o terceiro, o Real Madrid Castilla.

Máis cerca do play off podería estar o Celta B, se gañase en Fuenlabrada. Valía o gol de Lautaro desde o minuto 13, con ocasións para ampliar a renda, pero no 89 empataron os madrileños. O domingo en Balaídos reciben o Linares.

E o Pontevedra repite fóra contra o Linense. Os granates acaban de perder cun rival directo. Necesitan resultados porque están en descenso, a catro puntos da permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade