Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quince países acoden á convocatoria do sector galego do metal, que ten 60.000 empregados

Quince países acoden á convocatoria do sector galego do metal, que ten 60.000 empregados

A 4ª edición de Mindtech reúne no IFEVI estes días máis de 200 expositores

G24.gal 17/06/2025 14:44

A industria metalúrxica galega congrega estes días en Vigo empresas de Qatar, Corea, Noruega ou do Uruguai. Quince países en total están presentes na feira Mindtech, que se celebra no IFEVI e que é a vez escaparate do I+D galego e centro de negocios para compañías do sector. Buscan aquí provedores ou solucións técnicas. Hai 200 expositores de estruturas, enerxías renovables, subministracións, automoción, aeronaútica ou robótica.

"O noso obxectivo é poñer en valor o noso tecido industrial, o polo ibérico, Galicia, España, Portugal, onde podemos ofrecer as nosas capacidades de fabricación e tecnolóxicas", dixo Enrique Mallón, o director xeral de Mindtech.

Empresas do Xapón, de Corea, de Suecia, veñen a Vigo interesados nas nosas empresas emerxentes, no sector da automoción e tamén o de defensa.

"Europa está tentando recuperar capacidades no eido da defensa, e iso ten que ser aproveitado polo sector industrial. A defensa precisa do asentamento da cadea de subministración e dunha gran capilaridade coas pemes locais", declarou Justo Sierra, o Presidente de Mindtech e responsable de Urovesa.

Un ecosistema, o sector do metal, que hoxe inauguraba esta feira coa música de Abraham Cupeiro, toda unha analoxía de como un elemento que marcou a evolución humana volve cobrar importancia nun contexto económico ao que moitos aluden como un cambio de época.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade