Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quiles volve marcar, pero o Deportivo non pasa do empate en Talavera

Quiles volve marcar, pero o Deportivo non pasa do empate en Talavera

A reacción do segundo tempo só lle permitiu empatar ao cadro deportivista

O dianteiro xa leva 16 goles na súa conta particular 

G24.gal 24/04/2022 14:00

O Deportivo deixouse dous puntos en Talavera (1-1) e apértase a pelexa pola segunda posición na 1RFEF. E iso que volveu a marcar Alberto Quiles, nun gran momento de forma. 

No primeiro tempo o equipo deportivista non estivo á altura. O Talavera aguantou á perfección en defensa e aproveitou unha ocasión para marcar cun gol de Pablo Monroy (minuto 37) 

No segundo tempo cambiou a decoración. O Deportivo tirouse a polo empate e acadouno antes do minuto quince cun tanto de Quiles. A partir dese intre o equipo de Borja Jiménez continuou co ataque pero non aproveitou ningunha das oportunidades que xerou. A máis clara estivo nas botas do propio Quiles cun remate ao longueiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar