Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas polo funcionamento do servizo de axuda no fogar de Redondela

Queixas polo funcionamento do servizo de axuda no fogar de Redondela

Usuarios e traballadoras denuncian o caos organizativo da concesionaria

G24.gal 21/09/2022 14:30

Usuarios, familiares e as propias traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela denuncian o mal funcionamento do servizo.

Un caos organizativo que repercute directamente en usuarias como Francisca, que non comprende por que ten que romper o equipo que forma con Carmen, a persoa que mellor a coñece.

Levan así dende maio, cando o Concello adxudicou este servizo a unha nova concesionaria. Usuarios e traballadoras agardan solucións. Polo de agora, unha decisión plenaria obriga o Concello a abrirlle un expediente á concesionaria co obxectivo de resolver esta situación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos