Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quedan cen días para as eleccións europeas

Quedan cen días para as eleccións europeas

As eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 9 de xuño serán as novenas en que voten os galegos

A política agrícola e pesqueira común, a transición ecolóxica ou a seguridade son algúns dos retos que afrontarán os 27 nos próximos 5 anos

G24.gal 01/03/2024 17:14 Última actualización 01/03/2024 19:47

Quedan 100 días para as eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 9 de xuño. Será a novena vez que Galicia acolla uns comicios europeos. A primeira foi en 1987, ano e medio despois de que España se unise ó club comunitario xunto a Portugal. Coincidiron coas eleccións municipais que tocaban aquel ano.

 

Nas case catro décadas seguintes, a Unión Europea non fixo máis que medrar. O que comezou como un club internacional, converteuse nun xigante político, normativo e económico, coa súa propia moeda, uns orzamentos de decenas de miles de millóns ou instancias xudiciais. Ten unha influencia determinante no noso día a día. Sen ir máis lonxe, levamos semanas falando das protestas que os agricultores de varios países comunitarios levaron recentemente ata Bruxelas. 

A directora da oficina do Parlamento Europeo en España, María Andrés, ve nesta primeira mobilización conxunta a nivel comunitario dun mesmo sector un signo, precisamente, da integración.

Pero que empecemos a saber que o problema e a solución dalgunhas cuestións está en Bruxelas, non quere dicir que o teñamos todo claro.

Aínda queda pedagoxía por facer, e as eleccións de dentro de 100 días son unha boa oportunidade para traballar nisto.

As institucións comunitarias determinan a política agrícola común, pero tamén a pesqueira.

Moi relacionado con isto, a chamada transición ecolóxica e enerxética. Tamén o transporte.

Ás veces esquecemos que non sempre puidemos podemos viaxar por case toda Europa sen máis documentación que o noso DNI.

Sobre a protección dos consumidores, unha das medidas pendentes neste ámbito é o desexado cargador único para tódolos dispositivos electrónicos.

Trala pandemia e coa guerra en Ucraína como pano de fondo, que prioridades teñen os 27 para os próximos cinco anos?

Jesús Gamallo, director xeral de relacións exteriores e coa Unión Europea, destaca a política de seguridade como unha delas, pero tamén retos de futuro das rexións que forman parte do club, como Galicia.

Entre eles, a derivada industrial da transición ecolóxica ou o repartimento e xestión dos fondos comunitarios.

O próximo 9 de xuño saberemos por onde irán as respostas a todas estas cuestións.

Reportaxe 'A 100 días das eleccións europeas' (Alejandro Gesto, 'A Crónica', Radio Galega)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade