Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE expedienta e suspende de militancia o secretario local en Torremolinos por presunto acoso sexual

O PSOE expedienta e suspende de militancia o secretario local en Torremolinos por presunto acoso sexual

Ferraz toma medidas contra Antonio Navarro tras a denuncia presentada por unha militante socialista

A vítima afirma que no último trimestre de 2021 sentiuse intimidada tras recibir "mensaxes de contido sexual, insinuacións e proposicións non desexadas nin consentidas"

Félix Bolaños nega que Salazar dependera directamente de Pedro Sánchez

G24.gal 05/12/2025 11:09

A Comisión Executiva Federal do PSOE abre un expediente disciplinario e suspende cautelarmente de militancia o seu secretario local en Torremolinos (Málaga), Antonio Navarro, tras a denuncia presentada contra el por unha militante desta localidade por suposto acoso sexual.

A demanda foi tramitada ante o propio partido e ante a Fiscalía de Violencia sobre a Muller, que abriu dilixencias preprocesuais.

A medida foi adoptada pola dirección federal socialista tras a solicitude realizada pola Secretaría de Organización do PSOE de Málaga ao coñecerse a denuncia presentada en novembro deste ano contra Antonio Navarro por parte da militante socialista.

Na demanda, a afectada sinala que no último trimestre de 2021, comezou a recibir "mensaxes de contido sexual, insinuacións e proposicións non desexadas nin consentidas", que lle xeraron "un ambiente intimidatorio, degradante e humillante".

Unhas mensaxes enviadas na contorna laboral e "tamén en horario nocturno". A muller denunciara estes feitos a nivel interno no partido en xuño e en outubro.

Navarro ten un prazo de dez días para presentar recurso ante a Comisión Federal de Ética e Garantías do partido.

Bolaños nega que Salazar dependera directamente de Sánchez

No caso Salazar, o partido aínda non decidiu se levar ou non, as denuncias á Fiscalia como lle piden diferentes voces no seo da organización. Primeiro o Comité Antiacoso vai acelerar a redacción do informe e despois valorará os seguintes pasos. A Vicesecretaria xeral, María Jesús Montero admite que o protocolo do partido é excesivamente "longo" e considera que deben melloralo para que as vítimas non se sintas indefensas.

O ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, asegurou este venres que é “falso” que Francisco Salazar dependese “directamente” do presidente, Pedro Sánchez, en referencia a se isto podía indicar que o xefe do Executivo coñecía os presuntos comportamentos de acoso por parte deste exalto cargo ao que denunciaron mulleres da Moncloa e do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade