Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vladimir Putin visita Mariúpol na súa primeira viaxe ao Donbás

Vladimir Putin visita Mariúpol na súa primeira viaxe ao Donbás

Este sábado viaxou por sorpresa á península de Crimea no noveno aniversario da súa anexión ilegal por parte de Rusia

Vladimir Putin en Sebastopol, Crimea Vladimir Putin en Sebastopol, Crimea
G24.gal 19/03/2023 08:09 Última actualización 19/03/2023 08:55

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, estivo na cidade de Mariúpol, na súa primeira viaxe ao Donbás, segundo informou o Kremlin.

O mandatario chegou en helicóptero á localidade, situada no sur da rexión de Donetsk, ás beiras do mar de Azov, que o ano pasado foi escenario de encarnizados combates.

Durante a visita, Putin percorreu en automóbil, que conduciu el mesmo, varios barrios da cidade, acompañado polo viceprimeiro ministro Marat Jusnulin, que o informou da marcha dos traballos de construción e reconstrución da localidade.

"En particular, tratouse da construción de novas unidades de vivendas, centros sociais e educativos, infraestruturas e institucións médicas", engadiu a oficina de prensa do Kremlin, que non precisou a duración da visita.

Pouco despois, a presidencia rusa informou de que Putin se reunira en Rostov do Don, no sur do país, co mando da campaña militar en Ucraína.

"O xefe do Estado escoitou os partes do xefe do Estado Maior Xeneral das Forzas Armada de Rusia, Valeri Guerásimov, e doutros xefes militares", engade a nota de prensa.

Viaxe a Crimea

Este sábado, Putin viaxou por sorpresa á península de Crimea no noveno aniversario da súa anexión ilegal por parte de Rusia.

O mandatario visitou a Escola de Arte e o centro infantil Korsun en Quersoneso, nos arredores do porto de Sebastopol, a base principal da frota rusa no Mar Negro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade