Cargando resultados...
Putin prohibe que as divisas rusas saian do país e toca as pensións dos cidadáns
Tamén lles prohibiu aos residentes transferiren capital ao estranxeiro
.png)
G24.gal
01/03/2022 07:54
As sancións comezan a ter consecuencias na política económica rusa. Vladimir Putin prohibiu a retirada de divisas a través de préstamos aos non residentes no país.
Tamén lles prohibiu aos residentes transferir capital ao estranxeiro. Os cartos quedan en Rusia. Ademais, os exportadores rusos terán que converter en rublos o 80 % dos seus ingresos obtidos en moeda estranxeira no que vai de 2022.
Tras unha norma asinada onte por Putin, a inflación repercutirá nas pensións: descenden un 27 %.
Todas estas medidas son para contrarrestar as sancións internacionais.