Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont reivindica a súa capacidade de liderado para dicirlle non ao Goberno

Puigdemont reivindica a súa capacidade de liderado para dicirlle non ao Goberno

O candidato de Junts+ acusa a Salvador Illa de permitir que os cartos dos cataláns vaian para os madrileños

Esquerra aposta polo Ingreso Mínimo Vital e o Partido Popular polas políticas contra a ocupación de vivenda

G24.gal 20/04/2024 14:59 Última actualización 20/04/2024 21:06

Carles Puigdemont recibiu no sur de Francia o apoio personalizado de ducias de alcaldes de Junts. O candidato exiliado dixo que hai que "refundar" moitas cousas en Cataluña ante os problemas en educación, sanidade ou administración pública e propuxo as súas receitas:

"É liderado... liderado. É coraxe, é determinación, é resiliencia e non dobregarse ante as dificultades nin espantarse, e é sobre todo autoestima de país", afirmaba Puigdemont ante os representantes municipais.

Desde Esquerra Repubicana poñen a nota asistencial. Sinalan que a Generalitat contratará un cento de persoas para xestionar o Ingreso Mínimo Vital, unha competencia transferida recentemente polo Estado. "O próximo martes, nos Governs que nos quedan aprobaremos, por exemplo, todo o programa de contratación de novo persoal para a xestión do Ingreso Mínimo Vital", explicaba o conseller de ERC Carles Campuzano.

O Partido Popular de Cataluña celebrou unha xornada contra a delincuencia e a ocupación. Propuxeron crear avais para que a mocidade poida alugar vivenda e instrumentos legais para frear o fenómeno ocupa. 

"Unha oficina antiocupa, que levaremos á Generalitat de Cataluña como a que ten Albiol a nivel municipal. Coa ocupación tolerancia cero, porque sen seguridade non hai liberdade e sen propiedade non hai democracia", é a receita do candidato do PP Alejandro Fernández.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade